Un plan integral de servizos para a túa empresa 

gato
250 200

+ IVE / mes

  • Estudo personalizado
  • Xestión de redes sociais
  • Asesoramento telefónico
  • Produción de creatividades
  • Creación e mantemento do sitio web
  • Redacción e difusión de notas de prensa
pantera
300 250

+ IVE / MES

  • Estudo personalizado
  • Xestión de redes sociais
  • Asesoramento telefónico
  • Produción de creatividades
  • Creación e mantemento do sitio web
  • Redacción e difusión de notas de prensa
tigre
400 350

+ IVE / MES

  • Estudo personalizado
  • Xestión de redes sociais
  • Asesoramento telefónico
  • Produción de creatividades
  • Creación e mantemento do sitio web
  • Redacción e difusión de notas de prensa
león
450 400

+ IVE / MES

  • Estudo personalizado
  • Xestión de redes sociais
  • Asesoramento telefónico
  • Produción de creatividades
  • Creación e mantemento do sitio web
  • Redacción e difusión de notas de prensa

Axudámosche un pouquiño

Co Plan Gato  xestionaremos as túas redes sociais de forma profesional. Estudaremos os aspectos básicos do teu negocio para elaborar unha óptima estratexia de contidos: seleccionaremos os perfís máis axeitados atendendo á túa visión e impulsaremos un calendario de publicación para conseguir os teus obxectivos de negocio (Por suposto, co teu visto bo). En todo momento saberás que se fixo e que se fará cos nosos informes de seguimento.

Co Plan Pantera  produciremos creatividades en diversos formatos que aportarán ao teu negocio ese plus que necesita para diferenciarse. Os teus clientes actuais e potenciais valorarán os contidos atractivos. Imaxes, infografías, vídeos, publirreportaxes.  Tan só imaxínao e faino realidade. O contido de marca é vital para alzarse como unha referencia no sector.

Co Plan Tigre  crearemos e xestionaremos a túa páxina web profesional optimizada, ademáis dos servizos anteriores. Encargarémonos de todo:  hosting, estudo de palabras chave, optimización para motores de busca e moito máis. Non só trátase de que por fin teñas un espazo propio na Internet, senón de que te atopen. Somos expertos en chamar a atención. Deixaremos a túa web a punto e faremos un seguimento da súa evolución para que coñezas de preto as necesidades dos teus clientes e perfecciones a túa oferta ata levala ao seguinte nivel. 

Co Plan León  redactaremos e difundiremos as historias do teu negocio. Elaboraremos notas de prensa adaptadas á túa empresa para que a túa marca obteña ese engadido de notoriedade. Temos todo o necesario para que falen de ti. Ademais, recompilaremos todos eses espazos onde se lle dá voz á túa marca, máis alá de barallar de xeito activo novos relatos que trasladar aos medios. Está claro que este é o plan das empresas que buscan o impacto.