A túa páxina web: a túa casa en Internet

Mudaron as regras do xogo. O mundo virtual lévanos ao real. Un exemplo: unha persoa busca os teus servizos en Google. A rede é a porta de entrada ao teu negocio. Atoparante.

3 razóns polas que necesitas unha páxina web
  • Comezarás a existir para grande parte do teu público
  • Aumentarás a túa capacidade de vendas
  • Reforzarás a relación cos teus clientes

Como o imos facer?

Paso 1. Propoñerche varios deseños

Segundo a idea do teu negocio. Elixe a que queiras

Paso 2. Requirirte os materiais

Como imaxes ou textos. Se non dispós deles, buscaremos solución

Paso 3. Instalación

Instalaremos WordPress no servidor, deseñaremos a páxina web: cores, arquitectura da información…

Paso 4. Presentarche o teu novo local virtual

E resolver todas as túas dúbidas. Por certo, bota unha ollada aos planes que inclúen este servizo

Paso 0. Chamarnos