O Plan Tigre

Web
Tigre: “Non me busques, que me has encontrar”
350 400

+ IVE / mes

  • Estudo personalizado
  • Xestión de redes sociais
  • Asesoramento telefónico
  • Produción de creatividades
  • Creación e mantemento de sitio web
  • Redacción e difusión de notas de prensa

 O Plan Tigre é para os negocios que precisan a xestión de redes sociais e un sitio web optimizado para os motores de busca. É a opción ideal para as empresas que desexan ser atopadas e traballar a súa imaxe dixital. Inclúe xestión de redes sociais, creatividades orixinais, control de reseñas e creación e mantemento de páxinas web, entre outros servizos.

A diferencia doutras empresas do sector, nós encargámonos da instalación da páxina no noso provedor de hosting de confianza. Isto quere dicir que a páxina sempre será túa.

Por outra banda, contamos cunha grande variedade de opcións de deseño que poderás elixir. Que faremos? Estudar as palabras chave, valorar o mellor deseño, a arquitectura da información, entre outras cuestións. Namentres esteas con nós, ofrecerémosche un servizo de mantemento e actualizacións periódicas.

O Plan Tigre inclúe a creación e a xestión dunha ficha de negocio en Google My Business para que te atopen na nosa Galicia e no mundo enteiro. Estaremos pendentes das opinións dos teus clientes e farémoslles sentirse como na casa, escoitados e valorados pola túa marca. Acadar relacións sólidas coas persoas que máis te importan. Ese é o noso obxectivo. Os pequenos negocios moven o mundo e apoiamos o emprendimento ao cen por cen.

A comunicación é cousa de todos, por iso negámonos a xestionar a túa marca se non somos quen de comunicarmos contigo. Os nosos clientes gozan dunha liña prioritaria para que esteamos aí, isto é, resolver todas aquelas dudas que poidan xurdir. Entendemos que hai certas accións de comunicación que precisan do teu toque de estilo. Pregúntanos o que queiras, axudámosche.

Unha vez contrates o plan de servizos, idearemos un briefing , un documento básico que contemple as necesidades da túa marca. Posteriormente, elaboraremos un estudo inicial que abranguerá un período de 15 días. Precisamos dese tempo para valorar o estado da comunicación do teu negocio e planificar as accións de comunicación oportunas. É unha das etapas máis ilusionantes de toda contratación. Obterás información moi valiosa para a túa empresa e o teu sector. Queremos sabelo todo de ti para ofrecerche o mellor dos servizos.

Personalízao