O Plan León

Prensa
León: “Es de portada. Dise e punto”
400 450

+ IVE / mes

  • Estudo personalizado
  • Xestión de redes sociais
  • Asesoramento telefónico
  • Produción de creatividades
  • Creación e mantemento de sitio web
  • Redacción e difusión de notas de prensa

En Asalion somos xornalistas, coñecemos a rutina dos medios rexionais e estatais. O Plan León inclúe a redacción, difusión e seguimento do impacto. Está feito á medida dos negocios trascendentes que buscan incidir de xeito decisivo a convincente.

A túa empresa ten grandes historias que contar. Quizais sexa unha nova liña de produto ou unha interesante promoción. Varias cabezas pensan mellor que unha. Perfeccionaremos os teus relatos ata facelos impactantes. Unha vez chegados a este punto, redavtaremos unha nota de prensa e enviarémola aos medios.

O Plan León inclúe a creación e a xestión dunha ficha de negocio en Google My Business para que te atopen na nosa Galicia e no mundo enteiro. Estaremos pendentes das opinións dos teus clientes e farémoslles sentirse como na casa, escoitados e valorados pola túa marca. Acadar relacións sólidas coas persoas que máis te importan. Ese é o noso obxectivo. Os pequenos negocios moven o mundo e apoiamos o emprendimento ao cen por cen.

A comunicación é cousa de todos, por iso negámonos a xestionar a túa marca se non somos quen de comunicarmos contigo. Os nosos clientes gozan dunha liña prioritaria para que esteamos aí, isto é, resolver todas aquelas dudas que poidan xurdir. Entendemos que hai certas accións de comunicación que precisan do teu toque de estilo. Pregúntanos o que queiras, axudámosche.

Unha vez contrates o plan de servizos, idearemos un briefing , un documento básico que contemple as necesidades da túa marca. Posteriormente, elaboraremos un estudo inicial que abranguerá un período de 15 días. Precisamos dese tempo para valorar o estado da comunicación do teu negocio e planificar as accións de comunicación oportunas. É unha das etapas máis ilusionantes de toda contratación. Obterás información moi valiosa para a túa empresa e o teu sector. Queremos sabelo todo de ti para ofrecerche o mellor dos servizos.

Personalízao