O Plan Gato 

popular
Gato: “Non te enredes: é moi sinxelo”
250 200

+ IVE / mes

  • Estudo personalizado
  • Xestión de redes sociais
  • Asesoramento telefónico
  • Produción de creatividades
  • Creación e mantemento do sitio web
  • Redacción e difusión de notas de prensa

O Plan Gato xira ao redor das redes sociais. En Asalion non somos partidarios de traballar as redes sociais porque si, todas as accións de comunicación deben ter o seu obxectivo claramente delimitado. Imos achar a personalidade do teu negocio para elaborar un calendario de publicación que se axuste ao teu público, o teu ton e a túa mensaxe.

A diferencia doutras empresas do sector, nós non fixamos prezos por un determinado número de publicacións á semana. Consideramos que esa estratexia, además de ser ineficaz, non é profesional. Cada rede social posúe a súa linguaxe e a calidade das publicacións ten que prevalecer sobre a cantidade das mesmas. Na rede proxéctase unha imaxe. Encargámonos de que sexa recordado.

O Plan Gato inclúe a creación e a xestión dunha ficha de negocio en Google My Business para que te atopen na nosa Galicia e no mundo enteiro. Estaremos pendentes das opinións dos teus clientes e farémoslles sentirse como na casa, escoitados e valorados pola túa marca. Acadar relacións sólidas coas persoas que máis te importan. Ese é o noso obxectivo. Os pequenos negocios moven o mundo e apoiamos o emprendimento ao cen por cen.

A comunicación é cousa de todos, por iso negámonos a xestionar a túa marca se non somos quen de comunicarmos contigo. Os nosos clientes gozan dunha liña prioritaria para que esteamos aí, isto é, resolver todas aquelas dudas que poidan xurdir. Entendemos que hai certas accións de comunicación que precisan do teu toque de estilo. Pregúntanos o que queiras, axudámosche.

Unha vez contrates o plan de servizos, idearemos un briefing , un documento básico que contemple as necesidades da túa marca. Posteriormente, elaboraremos un estudo inicial que abranguerá un período de 15 días. Precisamos dese tempo para valorar o estado da comunicación do teu negocio e planificar as accións de comunicación oportunas. É unha das etapas máis ilusionantes de toda contratación. Obterás información moi valiosa para a túa empresa e o teu sector. Queremos sabelo todo de ti para ofrecerche o mellor dos servizos.

Personalízao