Dúbidas
frecuentes

Non hai nada máis humano que preguntar

Se non atopas o que buscas envíanos unha mensaxe a hello@asalion.es ou a través das nosas redes.

Contratei un plan, podo contratar un servizo adicional?

Claro. Podes contratar un servizo adicional sen problema. Por exemplo, se adquires o Plan Gato pero a túa empresa precisa dunha creatividade concreta ou unha nota de prensa poderemos encargarmos desa tarefa a maiores facendo un reaxuste no prezo mensual. Encántanos o cambio e odiamos as ataduras.

Pasaron os días e a miña páxina non aparece nos primeiros resultados de busca, a que se debe?

A que non existen fórmulas máxicas. Aparecer nos primeiros resultados de Google non é unha tarefa fácil: é un traballo de fondo que require de paciencia e esforzo. O posicionamento depende dun gran abano de variables e na Internet coexiste un grande número de páxinas web. A persistencia é a chave. Se alguén che asegura que pode posicionar o teu negocio nun breve período de tempo, minte.

Hai certos servizos dos plans que non me interesan, que podo facer?

Malia que os prezos dos paquetes de servizos son orientativos, non é posible eliminar servizos dos plans, pero si engadir outros que se contemplen na oferta dispoñible ou noutros planes existentes. Por outra parte, quizais sexa do teu interese coñecer que podes contratar servizos específicos sen necesidade de adquirir un plan.

O meu cuñado Luis dixome que me leva as redes por menos diñeiro. Estádesme a timar?

Non. Non nos cabe a menor dúbida de que Luis é unha persoa marabillosa que, no seu día a día, emprega todas as plataformas sociais do ciberespazo. Aínda así, estamos case seguros de que non emprenderá un estudo de palabras chave, valorará as accións da competencia ou creará un calendario de publicación aliñado cos obxectivos do teu negocio. Se do contrario es capaz de realizar todas estas tarefas e cobrar menos diñeiro que unha axencia de marketing, Luis é un auténtico fenómeno meteorolóxico.

Só quero acadar seguidores nas redes, que plan se axusta a este obxectivo?

Se a túa única menta é acadar unha grande masa de seguidores nos teus perfís sociais, Asalion non é a túa axencia. Centrámonos en aquilo que asegura as vendas: a calidade dos contidos. O número de seguidore non é un bo indicador de éxito. Por poñerte un exemplo, de nada serve que contes con 30.000 adeptos na túa páxina de Facebook se só interaccionan coa túa empresa 5 persoas. No marketing de contidos esta cifra por si mesma é un indicador baleiro.

Como traballa Asalion?

Con paixon, isto é, de xeito diferente a outras axencias. Adicámonos á comunicación e non imos prexudicar a imaxe de tu negocio polos cartos. Queremos comunicarmos constantemente contigo, que monitorices o que facemos. En definitiva, medrar xuntos. Aprender dos fracasos e das vitorias. A comunicación é así, non hai trampa nin cartón.

Podedes garanter que o meu negocio sairá nos medios?

Non. Somos xornalistas, coñecemos as técnicas necesarias para elaborar pezas que esperten interese, mais non podemos controlar a propiedade de centos de medios de comunicación que existen en Galicia e en España. O que si podemos garanter é que concentraremos os nosos esforzos para que a túa historia sexa tida en conta.

Podo contratar algún servizo en concreto?

A pesar de que os nosos planes son adaptables e os seus prezos orientativos, podes contratar servizos de xeito individual. Se xa tes contratado un plan e desexas modificalo ou contratar un servizos a maiores puntualmente, ponte en contacto connosco, xa que os actuais clientes beneficianse de hasta un 30% de desconto en todo o que contraten.

Que diferencia hai entre unha web que pode facer a miña sobriña Maruxa e a que podedes facer vos?

A túa sobriña Maruxa desprende ganas, enerxía e motivación, coma nós. Porén, en Asalion somos profesionais da comunicación. É probable que Maruxa non saiba o que é un hosting e nin sequera posúa certas nocións básicas de deseño e posicionamento. Un sitio web é moito máis que un lugar en Internet.

Que acontece se estou descontento co servizo contratado?

Faremos todo o que estea nas nosas mans para que namores dos nosos servizos. Malia todo, para estes casos ofrecemos unha garantía de satisfación de 30 días. Se non cumprimos coas túas expectativas debemos estar á altura, aprender da experiencia, devolverche o diñeiro e pedirche desculpas, como debe ser.

Que vos diferencia doutras axencias?

A nosa aposta de valor é a utilización de técnicas xornalísticas para repercutir positivamente nos teus clientes. Somos unha axencia moderna que prioriza o benestar das persoas: debémosnos á sociedade. Se es unha persoa formidable, que coida aos seus compradores, entenderás rapidamente a nosa filosofía e sen lugar a dúbida seremos esa axencia que che queda ben.